Friday 17 de May de 2024

Importantes melloras no patio do Colexio Valle Inclán


Atendendo ás peticións da ANPA do Colexio Valle Inclán, o Concello realizou diversas actuacións de mellora no recinto escolar por importe de 233.019 euros. A maiores dos traballos anuais de mantemento, procedeuse á renovación do parque infantil, colocación de bancos e outro mobiliario, pintado das pistas de xogo….

O Concello tamén lle reclamou novamente á Xunta a finalización da obra que quedou sen rematar trala reforma do comedor escolar, que ten infrautilizado un importante espazo que podería ser utilizado para novas salas.